Traducciones Vigo
In English
In English

Traducións A.Soneira

bandeiras do mundo

MENÚ PRINCIPAL


Currículo

Línguas

Tipoloxía de textos

Prazos de entrega

Prezos

Ferramentas en liña

Currículo

Son licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo.
Teño experiencia laboral de 3 anos no campo da interpretación e 5 no da tradución en diferentes editoriais. Ademáis conto con varios másters: Língua e comunicación nos negocios pola Universidade de Vigo e Tradución para a comunicación internacional pola Universidade de Salamanca.






Volver ao menú principal

Línguas

  Dominio perfecto do galego, posto que é a miña língua nai. Tamén teño amplos coñecementos de inglés, portugés e español. Estes catro idiomas emprégoos tanto na tradución como na interpretación.
Un curso de dez meses en Pszczyna, ao sur de Polonia deume a posibilidade de mellorar o polaco, língua da que só teño dominio total no eido da tradución.





Volver ao menú principal

Tipoloxía de textos

Estou especializada en textos literarios posto que traballei durante 5 anos nunha editorial. Porén, os dous másters que posúo axudáronme a consolidar unha linguaxe no ámbito dos negocios e das relacións internacionais amplo e rico.
Gustaríame traballar con textos relacionados coas ciencias políticas xa que realicei estudos da política internacional española e portuguesa.






Volver ao menú principal

Prazos de entrega

As traducións ordinarias entregaranse nun prazo máximo de dúas semanas mentres que as urxentes seán entegadas nun máximo de 5 días. Con todo, non garantímos que todas as nosas entregas cheguen no tempo establecido. Dependendo dos días que a empresa se retrase en facerlle chegar a entrega, esta asumirá un desconto no prezo do traballo realizado que se explica máis abaixo.





Volver ao menú principal

Prezos

O prezo por palabra traducida será de 0,3 euros. No caso de que a entrega tarde máis de dous días en chegar ao seu destinatario, realizarase un desconto do 5%. En caso de que a entrega se demorase entre dous días e unha semana, o desconto podería oscilar entre o 5 e o 15%. O desconto do prezo depende dos días de retraso e do número de palabras. En caso de que a entrega non sexa a primeira que se lle encarga a esta empresa, o desconto pode ser maior.




Volver ao menú principal

Ferramentas en liña


1) BUSCOPIO: É unha ferramenta de busca.

2) DRAG: Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico.

3) Dicionario de dicionarios: Corpus lexicográfico da lingua galega.

4) Dicionario Collins: Dicionario gratuíto da lingua inglesa.

Volver ao menú principal



asoneiras2013@gmail.com
asoneiras2013@gmail.com